Publicacións populares

sábado, 29 de marzo de 2014

Novo traballo

Aquí deixo o enlace ao traballo que presentei co meu grupo nesta segunda avaliación, por se vos resulta interesante botarlle unha ollada.
TRABALLO SOBRE ALIMENTACIÓN E DIETAS

Recordade que na etiqueta TRABALLO, que se atopa onde as etiquetas, á dereita do blog, está tamén o traballo sobre as enfermidades raras que subín na primeira avaliación.

domingo, 16 de marzo de 2014

Little Foot, o australopitecus completo máis antigo.

Despois de case trece anos de meticulosa escavación do esqueleto fósil case completo do australopitecus chamado Little Foot (Pé Pequeno), uns científicos sudafricanos e franceses demostraron de maneira convincente que é probable que teña arredor de 3 millóns de anos.

Nun artículos publicado recentemente no Journal of Human Evolution, uns achados do profesor Ron Clarke da  Universidade de Witwatersrand e máis os seus colegas refutan algunhas
 afirmacións anteriores de que estes achados corresponden a un espécimen máis novo, como resultado dun estudo detallado da estratigrafía, microestratigrafía, e xeoquímica en todo o esqueleto.

Austrolopitecus big foot
As covas de Sterkfontein da provincia de Gauteng, Sudáfrica, consegiron renome mundial dende 1936 por albergaren achados dun bo número de fósiles de home-mono australopithecus. Sen embargo, durante sesenta anos, estes  fósiles só eran cranios parciais e mandíbulas, dentes illados e fragmentos de ósos das extremidades. Estes achados foron obtidos pola voadura ou perforación e rotura do antigo recheo calcificado da cova ou pola escavación a pico e pa dos recheos descalcificados máis suaves.
Surxiron preguntas achega da idade destes fósiles, de cómo chegaron ás covas, e tamén de se tería aparecido un esqueleto completo. Logo, no 1997, Ron Clarke, Stephen Motsumi e Nkwane Molefe da Universidade de Witwatersranddescubriron un esqueleto case completo de australopithecus co cranio incrustado no sedimento calcificado, nunha cámara subterránea das covas. Ao facer este descubrimento, comezaron a escavar coidadosamente este esqueleto coa fin de entender os procesos que contribuíron á súa conservación.

Esta foi a primeira vez que se  realizou unha escavación de australopithecus nun antigo depósito calcificado. Durante o trancurso da escavación, fíxose evidente que o esqueleto se sometera a unha perturbación e ao colapso parcial nunha cavidade inferior  e que un fluído calcáreo enchera logo os ocos formados arredor dos ósos desprazados.
Malia este feito, outros investigadores dataron as coadas e afirmaron que ditas datas representan a idade do esqueleto. Esto creou a impresión de que o esqueleto é moito máis novo do que realmente é.

Pero agora, un equipo francés de especialistas no estudo de covas de pedra calcaria demostrou que as coadas que encheron os ocos foron formadas por unha antiga erosión e colapso, e polo tanto, o esqueleto é máis antigo.

Little Foot ten, probablemente, arredor de 3 millóns de anos, e non os 2,2 millóns de anos que foran inxustamente reclamados por outros investigadores. O esqueleto foi totalmente escavado da cova e o cráneo, os brazos, as pernas, a pelve e outros ósos limpáronse en boa medida.

O profesor Clarke chegou á conclusión, sobre un estudo do cranio, que pertence a Prometeo Australopithecus, un dos atopados nos depósitos en Sterkfontein.