As autoridades xaponesas deron o visto bo á construción dunha barreira de xeo subterránea en torno aos reactores nucleares da accidentada planta de
Fukushima, unha medida destinada a conter as fugas de auga radiactiva ó mar.
A Autoridade nipona de Regulación Nuclear deu luz verde a esta iniciativa despois de descartar que teña un impacto negativo significativo sobre os leitos das augas subterráneas e sobre a configuración do subsolo debaixo da central.
'' Demos confirmado que a posible escala do afundimento do terreo non sería moi importante, e isto era o efecto secundario que máis temiamos da construción do muro'' sinalou un dos expertos deste organismo Toyoshi Fuketa, nunhas declaracións a
Kyodo News.
Non obstante, este organismo sinalou que aínda hai puntos do proxecto que deben ser aclarados, coma a medición precisa do nivel de auga radiactiva acumulada nos edificios dos reactores.
O muro de xeo construirase insertando unha liña de tuberías a unha profundidade duns 30 metros a través das cales se inxectará un refrixerante a unha temperatura de menos de 40 graos, o que dará lugar a unha conxelación dos acuíferos subterráneo en contacto coas canalizacións.
UNHA OBRA SEN PRECEDENTES
A barreira xeada terá unha lonxitude de 1,5 quilómetros e rodeara os reactores 1 a 4, co obxetivo de evitar que o líquido radiactivo acumulado nos sotos das instalacións nucleares se filtre cara o exterior e se mesture coa auga dos leitos subterráneos dos arredores.
Con anterioridade construiranse barreiras subterráneas do mesmo tipo en proxectos de inxeñería civil coma a construción de liñas de metro, mais nunca cunha lonxitude tan grande nin durante un longo perído de tempo.
A medida está financiada polo Executivo de Xapón e púxose en marcha en fase de probas dende finais de febreiro, aínda que ata o de agora non contaba coa autorización definitica das autoridades do país.
Debido aos problemas pra conter e xestionar os enormes volumes de auga contaminada na planta, o Goberno xaponés aunción en agosto que se involucraria pra axudar a
TEPCO a resolver a situación invertindo un total de 47.000 millóns de iens ( 334 mill. €) neste proxecto.
Crese que unhas 300 toneladas de auga van parar diariamente ao océano Pacífico
Isto é produto da acumulación que se rexista nos sotos dos reactores de auga de leitos naturais que penetra nos edificios e se mestura cun líquido refrixerante que estivo en contacto cos reactores danados.