E se a esperanza de vida dependera da capacidade pra soportar a dor? Un grupo de investigadores da Universidade de California, EEUU, atopou un vínculo entre a dor e a lonxevidade. Nun experimento con ratos, aos que eliminaron un receptor da dor, os exemplares que sentiron menos dor viviron durante máis tempo ca outros. O achado foi publicado na revista Cell e ofrece unha unha nova mirada a esa carreira científica pra frear as enfermidades relacionadas co envellecemento e promover a lonxevidade humana.
E tamén no laboratorio, viuse cómo os vermes e as moscas aos que lles faltan neuronas sensorias viven máis do esperado. Pero é a primeira vez que este vínculo entre a dor e os anos se observa en mamíferos.
Imaxe : banco de imaxes http://www.photl.com/
As hembras son máis lonxevas
Os ratos do estudo, cos que traballou o equipo de Andrew Dillin, non tiñan receptores sensorias que lles permitisen reaccionar a queimaduras e ao insportable picor dun chile na comida. Estes exemplares viviron un 12% máis de tempo ca os que mantiñan estes receptores.
No caso das hembras, a esperanza de vida foi maior e chegou ata un 16% máis.
No caso das hembras, a esperanza de vida foi maior e chegou ata un 16% máis.
Ademais de vivir máis, tiñan factores que demostraron algúns síntomas de xuventude. Malia ser maiores podían metabolizar o osíxeno mellor e tiñan máis células pancreáticas, as células productoras de insulina. Así conseguían metabolizar mellor a glicosa e non tiñan diabetes, outra enfermidade relacionada co envellecemento.
Agora a clave está en atopar unha fórmila de traducir estes achados a un tratamento que sexa beneficioso pra os humanos. O reto e grande porque prescindir da sensación de dor tamén pode poñer en risco as nosas vidas xa que a dor actúa coma unha sinal de alerta pra protexernos das agresións. Un bo exemplo deste risco é a Insensibilidade conxénita á dor (máis info. sobre a enfermidade Etiquetas → Traballo → 1ª av.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario