Publicacións populares

martes, 17 de decembro de 2013

Sepes e lagartos que daban a luz.

O antepasado das serpes e os lagartos probabelmente daba a luz ás súas crías en lugar de poñer ovos. Co tempo, as especies foron cambiando o seu modo de reproducirse, alternando os dous, segundo os resultados dunha nova investigación publicada na revista Ecology Letters.


''Este é un achado moi inusual e controvertido e dá un xiro importante a unha escola aceptada de pensamento'' señalou Alex Pyton, un profesor adxunto de Bioloxía na Universidade George Washington en Washington (Estados Unidos) ''Os investigadores supuxeron durante moito tempo que o antepasado das serpes e dos lagartos poñía ovos e que se unha especie pasaba a parir, nunca volvía atrás. Descubrimos que non é así''


Os resultados empurran á comprensión dos investigadores sobre a evolución, dos partos moito máis atrás no tempo, ata fai 175 millóns de anos, o que demostra que parir é unha actividade moito máis antiga do que se cría. Os achados están avalados por varios descubrimentos de plesiosaurios e mosasaurios e o rexistro fósil de algúns lagartos do período Cretácico, con hembras que tiñan embrións e parían.

15.000 veces máis brillante ca o sol.

O Telescopio Espacial Hubble da NASA puxo no seu obxetivo unha súper estrela brillante do hemisferio sur, RS Puppis, dez veces máis masiva ca o noso Sol, 200 veces máis grande e 15.000 veces máis brillante.
A estrela, que se ilumina e escurece de maneira rítmica ao longo dun ciclo de seis semanas, é unha das máis luminosas da clas de estrelas variábels Cefeidas.

A nebulosa pestanexa en forma de pulsos de luz da estrela que se propagan cara o exterior.
Malia que a luz viaxa a través do espazo o suficientemente rápido coma para cubrir a brecha entre a Terra e a Lúa en pouco máis dun segundo, a nebulosa é tan grande que a luz reflectida pode ser fotografiada atravesándoa.
Ao observar a oscilación da luz en RS Puppis e rexistrar os débiles reflexos dos pulsos da luz en movemento a través da nebulosa, os astrónomos son capaces de medir estes ecos de luz e definir unha distancia moi precisa: a distancia a RS Puppis reduciuse a 6.500 anos luz (cunha marxe de erro de só o 1%)
                                               
    RS Puppos ilumínase e escurecese rítmicamente ao longo dun ciclo de seis semanas, o que provoca un fenómeno coñecido como ''ecos de luz''   

A Antártida perde xeo.

Grazas ás observacións realizadas durante máis de tres anos polo satélite CryoSat da ESA, os científicos poideron comprobar que a Antártida perde cada vez máis auga xeada.
Segundo os datos, o continente estaría perdendo máis de 150 Km cúbicos de xeo cada 365 días, moito máis do que se estimara na última medición.

O nivel do mar depende directamente da cantidade de xeo acumulado nos polos e o derretemento e a perda de masa xeada inflúe no nivel do mar e na perda do terreo emerxido.


Fai pouco un equipo internacional de científicos determinara que a perda de xeo na zona occidental da Antártida estaba provocando un aumento do nivel do mar de 0'28 mm cada ano entre 2005 e 2010. Sen embargo, esta nova medición suxire que o desxeo desta zona fai que o nivel do mar aumente un 15% máis do que se cría.


                                       Pingüíns na Antártida.





O certame Bioscapes.

O certame Bioscapes anunciou os gañadores deste ano.
Aquí vos deixo os tres primeiros postos das 10 mellores fotos microscópicas do 2013.
Primeiro posto: Alga carnívora, por Igor Siwanowicz
Segundo posto: Feto de morcego, por Dorit Hockman

Terceiro  posto: Alga, por Igor Siwanowicz

Detido un veterinario fuxitivo.

A Policía acaba de deter en Lugo a un home buscado polos Estados Unidos, que era veterinario e implantaba con ciruxía cocaína líquida nos cans pra traficar con ela.
Este home tiña unha Orde Internacional de Detención dictada polos Estados Unidos.

O éxito lunar da China.

China conseguiu un doble éxito no noso satélite esta fin de semana, co descenso controlado da Chang E3, a súa nave automática, ao chan. 
 Logo, ás poucas horas, cas imaxes do vehículo Yutu, que viaxou ó seu interior, acanzando os primeiros centímetros sobre o sólo lunar sobre o chan lunar.
 Son dúas maniobras moi difíciles que os enxeñeiros e científicos chinos lograron realizar á primeira, xa que as súas dúas naves lunares anteriores eran orbitais.
O robot 'Yutu' no chan lunar captado pola sonda 'Chang E3'. 

Contaminación da soia.

Dende 2003, un equipo interdisciplinario de investigadores arxentinos estuda como inflúe a contaminación por cadmio e arsénico sobre a producción de soia. 
As súas conclusións indican que a planta reacciona activando os seus mecanismos de defensa antioxidante frente ó estrés oxidativo, e produce variacións nos niveis e cantidades de lípidos, proteínas, pigmentos e ácidos nucleicos, o que pode xerar alteracións na saúde humana.


A directora deste proxecto, a doutora Fanny Zirulnik, da universidade de San Luís de Arxentina, destaca que o interese na soia como obxeto de estudo débese a que é unha das tres principais especies con maior producción nese país e unha fonte importante de proteinas para o alimento humano e animal. Ademáis, a investigadora subliña que ela máis os seus compañeiros de proxecto observaran a falta de estudos bioquímicos nos vexetais e por iso decidiron analizar a contaminación por metais pesados.
''Dada a alta incidencia de radicación industrial e a falta de controis ambientas, viñemos traballando dende entón, facendo investigación básica e formación de recursos humanos" contou nunha ocasión a doutora.






A: Plantas do grupo de control
B: Plantas tratadas con cadmio
(6 días de trat.)









Aquí vos deixo unha imaxe do cadmio(este é cadmio puro) un dos metais máis tóxicos.


O parasol de Gaia.

Está fabricado en Espña e posibilitará o proxecto do satélite Gaia (do que falei na entrada anterior). Pesa 125 kg e mide 10 metros de diámetro.
Este parasol aislará ós telescopios e manteraos a unha temperatura constante de 170 graos baixo cero.
Esta composto de dúas capas (mantas térmicas) separadas por uns dez centímetros, cada unha delas integrada por varias láminas moi finas de diferentes materias, coma o aluminio ou o kapton.
  Desplegarase ás tres horas do lanzamento de Gaia e debe quedar completamente terso pra ser efectivo.
Imaxe da sonda espacial Gaia.





Gaia: a conta atrás.

Só dous días.

Só quedan dous días pra o lanzamento do satélite Gaia dende a Güiana Francesa.
Logo de quince anos de preparativos, comezará unha intensa viaxe de cinco anos nos que esta cámara de fotos xigante censará máis de mil millóns de estrelas.
Esta sonda espacial da Axencia Espacial Europea lanzarase pasado mañá dende o Porto Espacial Europeo de Kurú, a bordo dun vehículo de lanzamento Soyuz-STB.
Unha vez lanzado, dará unha volta completa á Terra antes de dirixirse ó punto L2, un sitio estratéxico no que as forzas gravitacionais do Sol, a Terra e a Lúa están equilibradas.

Virgin Galactic.

Cada vez está máis preto a data na que se iniciarán os voos suborbitais, que custan 250.000 dólares(uns 189.000 euros) por persoa e están diseñados pra alcanzar os 4.000 Km por hora. 
Durante esta experiencia, o viaxeiro '' poderá observar a Terra en todo o seu esplendor ante a negrura do espazo'' según dixo Richard Branson, o magnate da empresa. Ademáis poderá experimentar a ausencia de gravidade durante uns minutos.

A pesar do prezo, no mesmo momento da reserva de praza, son xa máis de mil os que decidiron participar no proxecto. Nomes coñecidos como os actores Josh Harnett e Leonardo DiCaprio ou o cantante Justin Bieber. O científico Stephen Hawking tamén parece ter intención de unirse ao proxecto, así o declarou nalgunhas entrevistas.
A compañía Virgin Galactic realizou a semana pasada diferentes probas con naves e pilotos pra poder chegar a tempo ó seu maior reto pra o 2014: o comezo dos voos turísticos ao espazo.
As probas das novas ás que elevarám a nave SpaceShipTwo cos turistas a 110 Km de altura foron un éxito segundo informou a compañía na súa conta da rede social Twitter

O segredo da ría de Vigo.

O  CSIC  DESCOBRE O SEGREDO DA RIQUEZA DA RÍA DE VIGO

As especies raras representan o 50 por cento da diversidade de fitoplancton da Ría de Vigo segundo un estudo realizado polo CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e a Universidade de Vigo. Neste estudo analizaronse 290 mostras extraídas de 500 L de auga do mar.

Isto realizouse dentro do proxecto'' Dispersión, modelos neutrais e ensamlado das comunidades de plancton microbiano mariño(Distral)''.
Dito proxecto rematará a finais do vindeiro ano e ten como obxetivo identificar os mecanismo que manteñen a diversidade das comunidades de fitoplancton, en concreto, nesta ría galega.

Logo de extraeren as mostras, identificáronse máis de 300 especias, das cales a metade foi incluida na categoría de especies raras.

Os científicos que trraballaron neste estudo, traballan agora pra coñecer qué factores controlan a alta diversidade de esas comunidades, e se dita diversidade é importante pra o funcionamento deste ecosistema.



P.D : A fertilización natural dos ecosistemas da ría ocorre como resultado do afloramento na superficie de augas profundas e ricas en nutrientes. A presenza destos seres permitiría explicar porque se aproveitan de maneira tan eficiente os nutrientes, o que fai que estos sistemas ambientais sexan moi produtivos.





Traballo 1ª av.

Aquí vos deixo o enlace do traballo sobre enfermidades pouco frecuentes que presentamos para a asignatura eu máis os meus compañeiros.Traballo sobre enfermidades pouco frecuentes



Lembrade que o día mundial das enfermidades raras e o 28 de febreiro.



 Un saúdo !

Os gatos dométicos.

Os gatos foron domesticados fai 5.300 anos na China.

Os gatos, unha das mascotas máis populares do mundo, foron domesticados por primeira vez fai uns 5.300 anos na rexión de Shaanki, en China, segundo un estudo publicado hoxe.

A proba  máis antiga que había ata agora dunha relación estreita entre gatos e humanos provén dos restos dun gato salvaxe enterrados preto dun humano en Chipre, fai uns 9.500 anos. Pero as primeiras probas da presenza dos gatos domesticados son as que se atopan no arte do antigo Exipto, fai uns 4.000 anos, así que non había indicios sobre a relación entre humanos e gatos entre os 9500 e os 4000 anos atrás.



Os resultados deste estudo mostran que a aldea de Quanhucun era unha fonte de alimentos para os gatos fai uns 5300 anos e que a relación entre os humanos e os gatos era comensal, o que resultaba  ventaxoso pra os gatos.
Os estudos recentes de ácido desoxirribonucleico indican que os máis de 600 millóns de gatos que se calcula que viven agora mesmo no mundo descenden máis diretamente do gato salvaxe de oriente Medio, unha das cinco subespecies do Felis silvestris lybica que aínda se atopan en Eurasia.


O Teide, protagonista da imaxe astronómica do día.

O Teide é hoxe o protagonista da imaxe astronómica do día seleccionada pola NASA. A imaxe é unha fotografía que foi captada por Juan Carlos Casado e Miquel Serra, aproveitando a choiva das Xemínidas. Malia á lúa chea, os autores lograron unha imaxe fascinante.
Nesta imaxe podense observar de maneira nítida polo menos 50 meteoros.
Aquí vos deixo a imaxe :
P.D: A choiva de estrelas ou meteoro prodúcense cando a traza de partículas de pó e rochas que deixan os cometas ou os asteroides na súa órbita entran na atomosfera da terra e se desintegran.
Tamén podedes botarlle unha ollada ao vídeo que se realizou da observación do Observatorio do Teide, Instituto de Astrofísica de Canarias polas persoas citadas antes. ( Dom. 15/XII/13)