Publicacións populares

martes, 17 de decembro de 2013

Contaminación da soia.

Dende 2003, un equipo interdisciplinario de investigadores arxentinos estuda como inflúe a contaminación por cadmio e arsénico sobre a producción de soia. 
As súas conclusións indican que a planta reacciona activando os seus mecanismos de defensa antioxidante frente ó estrés oxidativo, e produce variacións nos niveis e cantidades de lípidos, proteínas, pigmentos e ácidos nucleicos, o que pode xerar alteracións na saúde humana.


A directora deste proxecto, a doutora Fanny Zirulnik, da universidade de San Luís de Arxentina, destaca que o interese na soia como obxeto de estudo débese a que é unha das tres principais especies con maior producción nese país e unha fonte importante de proteinas para o alimento humano e animal. Ademáis, a investigadora subliña que ela máis os seus compañeiros de proxecto observaran a falta de estudos bioquímicos nos vexetais e por iso decidiron analizar a contaminación por metais pesados.
''Dada a alta incidencia de radicación industrial e a falta de controis ambientas, viñemos traballando dende entón, facendo investigación básica e formación de recursos humanos" contou nunha ocasión a doutora.






A: Plantas do grupo de control
B: Plantas tratadas con cadmio
(6 días de trat.)









Aquí vos deixo unha imaxe do cadmio(este é cadmio puro) un dos metais máis tóxicos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario