Publicacións populares

luns, 16 de xuño de 2014

A UE e a ciencia


Aquí vos deixo un mapa da Unión Europea coa distribución dos países segundo a súa inversión en investigación e desarrollo.
Fonte: xornal '' El país''



Como podedes ver hai moitas diferenzas, por ex. entre países como Suecia (3,37)  e España (1,33)

domingo, 15 de xuño de 2014

A dor e a lonxevidade

E se a esperanza de vida dependera da capacidade pra soportar a dor? Un grupo de investigadores da Universidade de California, EEUU, atopou un vínculo entre a dor e a lonxevidade. Nun experimento con ratos, aos que eliminaron un receptor da dor,  os exemplares que sentiron menos dor viviron durante máis tempo ca outros. O achado foi publicado na revista Cell e ofrece unha unha nova mirada a esa carreira científica pra frear as enfermidades relacionadas co envellecemento e promover a lonxevidade humana.



Isto da dor non é novo. Outros grupos de investigación xa sospeitaban de que debía de existir un vínculo entre o sufrimento físico e o acortamento dos anos de vida. Por exemplo, sábese que as persoas con dor crónica teñen unha esperanza de vida máis corta. 
E tamén no laboratorio, viuse cómo os vermes e as moscas aos que lles faltan neuronas sensorias viven máis do esperado. Pero é a primeira vez que este vínculo entre a dor e os anos se observa en mamíferos.





Imaxe : banco de imaxes http://www.photl.com/

As hembras son máis lonxevas

Os ratos do estudo, cos que traballou o equipo de Andrew Dillin, non tiñan receptores sensorias que lles permitisen reaccionar  a queimaduras e ao insportable picor dun chile na comida. Estes exemplares viviron un 12% máis de tempo ca os que mantiñan estes receptores.
  No caso das hembras, a esperanza de vida foi maior e chegou ata un 16% máis.

Ademais de vivir máis, tiñan factores que demostraron algúns síntomas de xuventude. Malia ser maiores podían metabolizar o osíxeno mellor e tiñan máis células pancreáticas, as células productoras de insulina. Así conseguían metabolizar mellor a glicosa e non tiñan diabetes, outra enfermidade relacionada co envellecemento.
Adeus ao efecto protector da dor

Agora a clave está en atopar unha fórmila de traducir estes achados a un tratamento que sexa beneficioso pra os humanos. O reto e grande porque prescindir da sensación de dor tamén pode poñer en risco as nosas vidas xa que a dor actúa coma unha sinal de alerta pra protexernos das agresións. Un bo exemplo deste risco é a Insensibilidade conxénita á dor (máis info. sobre a enfermidade  Etiquetas → Traballo → 1ª av.)


mércores, 4 de xuño de 2014

Preto dun planeta habitable

Un equipo internacional de astrónomos descubriu dous planetas nunca observados ate o de agora, que orbitan arredor da estrela de Kapteyn, unha das máis vellas achegadas ao Sol, a 13 anos luz da Terra.  
  Un deses mundos atopase á distancia axeitada do seu astro como para poder albergar auga líquida na súa superficie, o que fai aumentar a desexada posiblidade de que poida ser habitable.

  A estrela de Kapteyn recibe o nome do astrónomo alemán que a descubriu a finais do século XIX, Jacobus Kapteyn. É  a segunda estrela máis rápida do firmamento e pertence ao halo galáctico, un grupo de estrelas que orbita a nosa galaxia en órbitas moi elípticas. Con un terzo da masa do Sol, esta enana vermella pode verse cun telescopio de afeccionado na constelación austral de Pictor.







O equipo, dirixido por astrónomos da Universidade Queen Mary de Londres, empregou os datos do espectómetro HARPS do Observatorio Europeo Austral (ESO) no observatorio de La Silla (Chile) pra medir pequenos cambios no movemento da estrela. Desta forma, os científico poden deducir algunhas propiedades dos planetas, incluindo as súas masas e períodos orbitais.

O investigador responsable do estudo Guillem Anglada-Escudé recoñeceu: '' Sorprendeunos atopar planetas orbitando a estrela de Kapteyn''.
O planeta bautizado como Kapteyn b que podería albergar auga, ten polo menos cinco veces a masa da Terra e orbita a súa estrela cada 48 días, o que significa que é o suficientemente  cálido para que a auga líquida se atope na superficie. O segundo, Kapteyn c, é unha superterra máis masiva. O seu ano dura 121 días e os astrónomos pensan que é demasiado frío para que algunha criatura poida mergullarse na súa superficie.

De momento, só se coñecen algunhas propiedades destes mundos, como as súas masas aproximadas, períodos orbitais e distancias da súa estrela. Mais no futuro, os astrónomos contarán con novos instrumentos que lles permitirán medir as súas atmósfera e verificar a presenza ou falta de auga.