Publicacións populares

domingo, 23 de febreiro de 2014

Alimentación saudable nas escolas

Cada vez hai máis problemas nutricionais no mundo e na actualidade, hai millóns de persoas con desnutrición e outras tantas padecendo obesidade, por iso, cabe considerar que a educación pode ser clave, sobre todo nas primeiras etapas da vida. Por esta razón, quizais poida haber unha nova materia nos colexios europeos sobre a boa alimentación.

De feito, os eurodiputados da Comisión de Cultura e Deporte do Parlamento Europeo aprobaron fai uns días un informe no que se solicita que se inclúa nos plans de estudo unha materia sobre alimentación saudable e os hábitos que se precisan pra conseguila.
 No Parlamento Europeo cren fundamental que se ensine aos cativos a comer ben, e para iso, é moi importante incluir unha materia sobre alimentación saudable tanto como de importante son as matemáticas ou a lingua.
Ademais, os nenos poden ser bos comunicadores e transmitir os coñecementos sobre como alimentarse mellor ao resto da familia. Polo tanto, aínda que a educación non o é todo, e unha parte moi importante para coidar a nosa saúde.

Na miña opinión persoal creo que estaría ben implementar tamén outras medidas sobre a publicidade de ''comida rápida'' ou ''comida basura'' ou tomar exemplo de Dinamarca. Deixovos unhas palabras do seu ministro de saúde, cando presentou a idea no 2009: ''Impostos máis altos sobre o azucre, graxas e tabaco son un paso importante pra elevar a expectativa de vida en Dinamarca'' porque "as graxas saturadas poden causar enfermidades cardiovasculares e cáncer"
Deixovos dous documentais sobre nutrición por se lles queredes botar unha ollada:

Nalgúns puntos deste video fala sobre os refrescos, do que escribin nunha das entradas enteriores, comenta tamén a elaboración de determinadas carnes ou batidos. Está bastante interesante.

Agora ben, podes contar a túa opinión ao respecto, ¿cres que a incorporación da materia sobre alimentación saudable serviría de axuda á saúde da poboación?

Para rematar esta entrada, recalcar unhas palabras de Hipócrates "pai da mediciña" : 

" O pai da enfermidade puido ser calquera, pero sen dúbida a nai é unha mala dieta" 
"Que a comida sexa o teu alimento e o alimento a túa mediciña"

Hoxe cumprense 30 anos do primeiro transplante de fígado en España

O primeiro transplante hepático de España realizouse no Hospital Universitario de Bellvitge, que se atopa no municipio Hospitalet de LLobregat en Barcelona, o 23 de febreiro de 1984. Realizarono os ciruxiáns Carles Margarit e Eduard Jaurriera. Ata o de agora levaronse a cabo máis de 21.000 transplantes hepáticos no noso país.


Na data do transplante o hospital chamábase Hospital Príncipes de España. 
Juan Cuesta foi o primeiro paciente transplantado de fígado en España despois de se lle diagnosticar un tumor hepático a finais do 1983.  Ante un pronóstico complicado, en xaneiro do 1984 os médicos plantexaronse a opción do transplante.
Logo disto, outros centros españois foronse incorporando ao campo do trasplante hepático. Actualmente, hai 26 unidades repartidas por España, que realizaron máis de 21.500 transplantes.
"A supervivencia tralo transplante é dun 90% ao ano e dun 75% aos cinco anos, isto demostra a importancia desta terapia pra aumentar a supervivencia dun grupo de enfermos que, sen tratamento, terían falecido'', explica Joan Fabregat, actual responsable da Unidade de Transplante Hepático do hospital catalán.



VINDEIROS OBXECTIVOS    


No ámbito do postransplante un dos futuros retos é potenciar a eficacia do tratamento contra o virus da hepatite C tralo transplante. Ademais, outro obxectivo é continuar introducindo melloras nos tratamentos inmunosupresores."O reto é ir cara a unha inmunosupresión cada vez máis selectiva e evitar ou controlar todolos efectos adversos, tanto pra seguir incrementando a supervivencia dos pacientes a longo prazo como pra mellorar a súa calidade de vida" contou Joan Fabregat
"Pero o máis importante de todo este traballo son os doantes e as súas familias, anónimos dentro deste proceso, xa que sen a doazón non sería posible o transplante de órganos" rematou.


Foto: Hospital de Bellvitge/ Conselleria de Salud

Autobiografía de Stephen Hawking

Stephen Hawking naceu en Oxford, Reino Unido, o 8 de xaneiro do 1942, xusto 300 anos despois da morte de Galileo Galilei. Claro que, como él mesmo calculou, outros 200.000 nenos naceron ese mesmo día sen se converter en astrónomos cunha fama mundial, así que se cadra o destino tivo moi pouca influencia na súa brillante carreira académica. Desarrollou algunhas das teorías cosmolóxicas fundamentais do último século, ostentou á cátedra Lucasiana( a mesma que ocupou Newton) e combateu cunha enteireza case histórica a esclerose lateral amiotrófica (ELA)  que minou as súas capacidades. Todo isto e máis, contao en primeira persoa e con fotografías inéditas, nas súas memorias, "Breve historia da miña vida" publicadas en España pola editorial Crítica.



Deixovos as primeiras páxinas do libro para que lle botedes unha ollada.















Imaxe e PDF  de ''Planeta de Libros''

Os cans e os gatos poden ver en ultravioleta

Moitos animais coma as aves, os peixes ou os réptiles poden ver en ultravioleta, pero sen embargo é unha capacidade que se considera rara entre os mamíferos, e para nós, os humanos, de superheroe. Ata agora críase que os mamíferos que podían ver as radiación de máis alta frecuencia por riba do violeta no espectro visible eran só os ratos, ratas, morcegos, algúns marsupiales e tamén os renos.


Sen embargo, uns investigadores británicos suxeriron nun estudo publicado na revista Proceedings of the Royal Society B:Biological Sciences que cans, gatos, ourizos, furóns e okapis tiñan tamén esta visión. Segundo os científicos, esto podería explicar algúns comportamentos estraños que teñen as nosas mascotas, simplemente están a ver algo que nos somos incapaces de ver.

A luz está feita dun espectro de cores. A luz visible, que vemos os humanos, vai do vermello ao violeta. Por debaixo deste espectro atópanse as ondas ultravioletas, que non podemos ver. No estudo, os investigadores examinaron os ollos dun bo número de mamíferos mortos, doados por zoolóxicos, veterinarios etc. e mediron canta luz chegaba á retina do animal. Os investigadores descubriron que moitos animais, incluidos os cans, gatos, ourizos, furóns e okapis, tiñan uns ollos preparados para esta sensibilidade, o que implica que poden ver en ultravioleta.


                              UNHA HABILIDADE ÚTIL

''Hai moitos exemplos de cousas que os animais sensibles aos raios ultravioletas poden ver que os humanos non poden, como patrón nas flores que indican onde se atopa o néctar, rastros de ouriños que os levan á presa...E os renos poden distinguir aos osos polares na neva'' explicou un dos autores da investigación Ronald Douglas ,da City University de Londres a Discovery News

Desta maneira, un gato ou un can poderían detectar au animal de pelaxe branco, como un coello, saltando a través dunha cifra de neve, mentres que nós só veríamos unha imaxe borrosa en branco. Como dixen antes, está visión poderíanos explicar algúns comportamentos das nosas mascotas, porque poden estar a ver algo que a nós, sen embargo, nos pasa desapercibido.


Imaxes do Banco de imaxes do INTEF (Ministerio de Educación)