Publicacións populares

luns, 26 de maio de 2014

Un muro de xeo subterráneo pra conter fugas en Fukushima

As autoridades xaponesas deron o visto bo á construción dunha barreira de xeo subterránea en torno aos reactores nucleares da accidentada planta de Fukushima, unha medida destinada a conter as fugas de auga radiactiva ó mar.
A Autoridade nipona de Regulación Nuclear deu luz verde a esta iniciativa despois de descartar que teña un impacto negativo significativo sobre os leitos das augas subterráneas e sobre a configuración do subsolo debaixo da central.
'' Demos confirmado que a posible escala do afundimento do terreo non sería moi importante, e isto era o efecto secundario que máis temiamos da construción do muro'' sinalou un dos expertos deste organismo Toyoshi Fuketa, nunhas declaracións a Kyodo News.
Non obstante, este organismo sinalou que aínda hai puntos do proxecto que deben ser aclarados, coma a medición precisa do nivel de auga radiactiva acumulada nos edificios dos reactores.

O muro de xeo construirase  insertando unha liña de tuberías a unha profundidade duns 30 metros a través das cales se inxectará un refrixerante a unha temperatura de menos de 40 graos, o que dará lugar a unha conxelación dos acuíferos subterráneo en contacto coas canalizacións.

UNHA OBRA SEN PRECEDENTES


A barreira xeada terá unha lonxitude de 1,5 quilómetros e rodeara os reactores 1 a 4, co obxetivo de evitar que o líquido radiactivo acumulado nos sotos das instalacións nucleares se filtre cara o exterior e se mesture coa auga dos leitos subterráneos dos arredores.

Con anterioridade construiranse barreiras subterráneas do mesmo tipo en proxectos de inxeñería civil coma a construción de liñas de metro, mais nunca cunha lonxitude tan grande nin durante un longo perído de tempo.

A medida está financiada polo Executivo de Xapón e púxose en marcha en fase de probas dende finais de febreiro, aínda que ata o de agora non contaba coa autorización definitica das autoridades do país.
Debido aos problemas pra conter e xestionar os enormes volumes de auga contaminada na planta, o Goberno xaponés aunción en agosto que se involucraria pra axudar a TEPCO a resolver a situación invertindo un total de 47.000 millóns de iens ( 334 mill. €) neste proxecto.
Crese que unhas 300 toneladas de auga van parar diariamente ao océano Pacífico
Isto é produto da acumulación que se rexista nos sotos dos reactores de auga de leitos naturais que penetra nos edificios e se mestura cun líquido refrixerante que estivo en contacto cos reactores danados.

Os ratos e o exercicio


Se tes como mascota un ratiño ou un hámster e lle colocaches unha desas pequenas rodas na gaiola puideches observar como o animal sube ao xoguete e corre e corre coma un tolo, aparentemente sen obxectivo ningún. En efecto, os ratos en cautividade son uns maniáticos do exercicio. Poden facer máis de 5 Km nunha noite nas súas rodas estacionarias. Mais os científicos non saben por qué. ¿É unha conduta aberrante provocada por encerralo nunha gaiola de pequeno tamaño ou é que o roedor precisa movemento pra manterse saudable? Semella que hai algo máis ca iso e está relacionado coa diversión e o pracer. Uns investigadores da Universidade de Leiden nos Países Baixos descubriron que esta afección tamén é compartida polos ratos que viven na natureza, e inncluso por outras especies. Simplemente, disfrutan coa diversión do exercicio.


 No 2009, a neurofisióloga Johanna Meijer levou a cabo un sinxelo experimento no seu xardín. Colocou un prato con chocolate e outras delicias pra atraer aos animais e, moi preto, unha gaiola aberta cunha desas rodiñas pra mascotas. Grazas a unha cámara  infravermella, a investigadora e o seu equipo puideron comprobar que os ratos silvestres se achegaban á comida e logo subían á roda e poñíanse a correr. Tamén fixeron o mesmo ratas, musarañas e mesmo ras. En 3 anos maís de 200.000 animais subiron á roda. Os investigadores cren que,  simplemente, gozaban da sensación de correr sen ir a ningunha parte, segundo explica a revista Science na súa páxina web.


ANSIEDADE POR CORRER

   En media, os ratos salvaxes que observou o equipo corrían un ou dous minutos, máis ou menos a mesma duración que se observara en ratos de laboratorio. O equipo repiteu o experimento nun paraxe achegado e aconteceu algo moi semellante. Os animais seguiron correndo na roda mesmo cando Meijer retirou a comida, aínda que atraía a menos.  Ás veces, os roedos estaban tan ansiosos por correr que non podían esperar o seu turno. Nunha ocasión, un rato grande empurrou a outro máis pequeno cando se subiu á roda e comezaron a correr en direccións opostas.


   Os investigadores cren que nun momento no que o estilo de vida en xeral e a falta de exercicio físico, en particular, son unha das principais causas de enfermidade no mundo moderno,  a investigación da actividade física é moi importante. Coñecer por qué algúns ratos son máis activos que outros podería axudar a entender as diferencias xenéticas entre a xente máis e menos sedentaria.


A INVESTIGACIÓN PUBLICADA NA REVISTA ACTAS DA ROYAL SOCIETY B (enlace)

AQUÍ VOS DEIXO O VÍDEO DOS RATOS : VIDEO DO EXPERIMENTO

xoves, 15 de maio de 2014

Máis sequías, inundacións e incendios


Un grupo de expertos de 70 países reunidos no Xapón pronosticaron episodios extremos nos que se atopan máis sequías, inundacións e máis incendios forestais en Europa, especialmente nos países do sur. 
  O Paner Intergumernamental do Cambio Climático (IPCC) das Nacións Unidas presentou un informe na localidade xaponesa de Yokohama no que indicou que os ecosistemas están soportando un gran peso a causa do cambio climático, ao tempo que alertou do futuro impacto sobre os seres humanos.


   Este inverno, unha cadea de cicloxéneses explosivas sacudiron a cornisa cantábrica e unhas enormes ondas deixaron moitos danos. A explicación é que o clima está a cambiar. O informe detalla impactos a curto prazo nos ecosistemas nos vindeiros 20 ou 30 anos e cifra cinco motivos de preocupación, entre os que están as ameazas a sistemas únicos coma o xeo no Ártico e as barreiras de coral, o impacto sobre o mar e os sistemas de auga doce. Neste sentido, o documento afirma que os océanos aumentarán a súa acidez, ameazando aos corais e ás especies que viven neles e provocando que os animais, as plantas e outras especies se movan cara os polos co incremento das temperaturas.

   Respecto ao impacto do cambio climático sobre os seres humanos, o IPCC alertou de que a seguridade alimentaria é un aspecto que desata unha especial preocupación. As previsións contemplan perdas de ata o 25% das colleitas de millo, arroz e trigo no período que se extende ata 2050. Ademáis, moitas especies de peixes, fonte de alimento para unha importante parte da poboación, desprazaránse por culpa do quentamento das augas, o que podería provocar unha diminución da pesca nos trópicos e na Antártida de ata o 50%.
   O documento resalta tamén que a poboación mundial vaise ver afectada polas inundacións e por un incremento da tasa de mortalidade a causa da calor, e advirte do incremento das migracións vinculadas ás condicións climáticas, así como os conflitos e as ameazas á seguridade nacional derivadas disto.

domingo, 4 de maio de 2014

Unha proteína que rexuvenece o cerebro dos ratos

A proteína GDF11 deu outra alegría aos investigadores.Segundo dous artigos que se publican na edición dixital de Science (en papel publícase o venres) non só recupera as células cardíacas nos ratos, senón que tamén mellora as súas capacidades intelectuais, rexuvenecéndoas. 
   En concreto, os investigadores da Universidade de Harvard descubriron que inxectando proteína en ratos cunha idade que equivala a uns 70 anos humanos, estes recuperan capacidades como a do olfacto, que se perderan ao envellecer. 
O achado é moi interesante, xa que esta proteína tamén a temos os humanos.

Doug Melton, codirector do Centro de Terapias con Células Nai e Mediciña Rexenerativa de Harvard, sinalou que '' non podía recordar un achado máis emocionante. Isto debe darnos esperanzas pra ter un futuro máis saudable. Todos nos preguntábamos por qué éramos máis fortes e mentalmente áxiles cando éramos novos, e estes dous artigos apuntan a unha posible resposta: os niveis máis altos de proteína GDF11 que temos de novos. Hai poucas dúbidas de que, polo menos en animais, a GDF11 ten unha capacidade incrible pra restaurar as funcións do cerebro e dos músculos que se perden co envellecemento"

Nalgúns ensaios simplemente se inxectou dita proteína aos ratos. Noutros, sen embargo, usouse un método moito máis complexo: unironse os sistemas circulatorios de dous exemplares, dun rato novo e dun vello, de maneira que o sangue chagara de forma natural ao animal que tiña menos concentración. Nos dous casos os resultados foron semellantes. Este sistema, aínda que é aparatoso, ten a vantaxe de que amosa ao natural o funcionamento da proteína, unhas moléculas que non se poden dar por vía oral porque as encimas dixestivas degrádanas.