Publicacións populares

luns, 7 de abril de 2014

Un gran paso para a busca de vida artificial

 Craig Venter, un dos «pais» do xenoma humano deu fai catro anos o primeiro paso firme cara a creación de vida artificial. Fixoo ao xerar no laboratorio a primeira célula sintética.
 A coñecida revista Science, a mesma que anunciou o avance de Venter, mostra esta vez un paso xigante nesta carreira científica que poida que se convirta na zancada definiva: por primeira vez sintetizouse un cromosoma eucariota, un organismo vivo complexo. Ou o que é o mesmo, fabricouse ADN artificial dunha célula complexa, similar á que teñen as plantas e os animais, incluindo aos humanos. Trátase dun cromosoma do fermento , un humilde fungo co que se fabrica, dende fai séculos, a cervexa ou o pan.
O avance non só queda na fabricación dende cero deste cromosoma artificial ao que chamaron synIII. Os científicos demostraron que ese cromosoma sintético funciona coma un natural, unha vez insertado. Non altera a vida do fermento. Tamén se pode xerar sen copiar da Natureza, alterando racionalmente as células con fins prácticas. Pero en ningún caso se pode afirmar que se creara vida artificial ''A vida é moito máis cao AND'', sintentizou a profesora de Microbioloxía da Universidade Complutense, María Molina.
La búsqueda de la vida artificial da un paso de gigante
Os investigadores sintetizaron o cromosoma III do fermento


NOTA: FERMENTO = LEVADURA EN CASTELÁN

Canarias gaña por segundo ano consecutivo o concurso da mellor foto da NASA

Unha fotografía das illas Canarias conseguiu o primeiro premio do concurso da NASA pra elixir a mellor imaxe do 2014. Canarias quedou de primeira por riba dunha foto do volcán de Siberia, que tamén chegara á final.
Segundo a páxina oficial do certame, onde se anuncia a gañadora, a fotografía que amosa dende unha perspectiva aérea o vento e as olas arredor das illas tivo moitos admiradores.
foto-1.jpg











(foto que gañou)

En realidade, na foto pódese ver como os ventos predominantes no arquipélago, os Alisios,  azoutan o norte das illas, rodeanas e deixan ao sur unha zona de calma sen apenas ondada. Nesta imaxe de satélite, ese réxime de ventos pódese apreciar en La Palma, El Hierro, La Gomera, Tenerife e Gran Canaria, en forma de longas estelas de nubes impulsadas cara ao sur, especialmente estreitas e alongadas detrás do Teide (3.718 m)


A súa rival na final foi unha foto que tomaron os astronautas da Estación Espacial Internacional o 16 de novembro dun volcán en plena erupció, o Kliuchevskoi, na península de Kamchatka (Siberia oriental, Rusia).

http://www.fgcsic.es/csebuscadorid?method=sendurl#





Despois de captar a vosa atención coa foto do gatiño, hoxe vou falarvos de ScienSeek (enlace). Que é isto? Unha ferramenta informática pra buscar contidos web relacionados coa investigación científica que acaba de lanzar a española Fundación Xeral CSIC. Se estás interesad@, este novo buscador está dispoñible de balde.

Segundo esta institución, atopar información científica nos buscadores que adoitamos usar (por ex. Google) aporta ao usuario un exceso de información que non é relevante e umha gran cantidade de referencias cunha credibilidade non contrastada. Además temos que dispoñer de tempo para seleccionar a información útil.



O valor de ScienSeek como buscador é que proporcina resultados focalizados na ciencia porque se filtran mediante unha base de datos propia de institucións e recursos de carácter científico.


Ademais, este buscador é unha ferramenta colaborativa e pode integrarse en calquera web ou blog sen ningún prezo, mediante un widget de código html.


ScienSeek baséase na tecnoloxía de buscador persoalizado de Google, pero limita as súas exploracións, como dixen antes, a centros de investigación e publicación de carácter científico, pero tamén a administracións públicas e organismos internacionais. Estes filtros son empregados polo usuario en función dos seus intereses. 


Con ScienSeek os propios usuarios poden mellorar o filtrado da ferramenta, xa que poden suxerir que se incorporen outras direccións webs de carácter científico á base de datos. Desta forma conséguese actualizar e dispón de  melloras constantemente.