Blog sobre noticias e divulgación científica. Complemento da asignatura de CCMC do curso 2013/14. #EnGalego
Publicacións populares
luns, 7 de abril de 2014
http://www.fgcsic.es/csebuscadorid?method=sendurl#
Despois de captar a vosa atención coa foto do gatiño, hoxe vou falarvos de ScienSeek (enlace). Que é isto? Unha ferramenta informática pra buscar contidos web relacionados coa investigación científica que acaba de lanzar a española Fundación Xeral CSIC. Se estás interesad@, este novo buscador está dispoñible de balde.
Segundo esta institución, atopar información científica nos buscadores que adoitamos usar (por ex. Google) aporta ao usuario un exceso de información que non é relevante e umha gran cantidade de referencias cunha credibilidade non contrastada. Además temos que dispoñer de tempo para seleccionar a información útil.
O valor de ScienSeek como buscador é que proporcina resultados focalizados na ciencia porque se filtran mediante unha base de datos propia de institucións e recursos de carácter científico.
Ademais, este buscador é unha ferramenta colaborativa e pode integrarse en calquera web ou blog sen ningún prezo, mediante un widget de código html.
ScienSeek baséase na tecnoloxía de buscador persoalizado de Google, pero limita as súas exploracións, como dixen antes, a centros de investigación e publicación de carácter científico, pero tamén a administracións públicas e organismos internacionais. Estes filtros son empregados polo usuario en función dos seus intereses.
Con ScienSeek os propios usuarios poden mellorar o filtrado da ferramenta, xa que poden suxerir que se incorporen outras direccións webs de carácter científico á base de datos. Desta forma conséguese actualizar e dispón de melloras constantemente.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario