Publicacións populares

domingo, 26 de xaneiro de 2014

Araguaia, nova especie de delfín de río descuberta.

Araguaia, la nueva especie de delfín de río de Brasil
 Foto de National Geographic

Seis científicos de diferentes países, descubriron esta nova especie de delfín de río que vive no Araguia (Brasil). A investigación xenética mostra que se diferenciou doutros delfíns de río ( do seu ancestro común) fai máis de dous millóns de anos.

Foi bautizado como Inia araguaiaensis, e co seu descubrimento xa son cinco as especies de delfín de río coñecidas ata agora. 

Os investigadores calculan que quedarán uns 1.000 exemplares vivos e suxiren que a especie se considere ''vulnerable'' pola Unión Internacional pola Conservación da Natureza (IUCN), xa que están ameazados polo desenvolvemento e a construción de presas hidroeléctricas.


O delfín do río Yangtsé fora o último en ser descuberto ata agora (no 1918), mais extinguiuse no 2007. Tres das especies que permanecen vivas están ameazadas, segundo a IUCN

Sony e o xenoma humano.

Sony anuncia proyecto enfocado en análisis de genoma humano y medicina personalizadaParece que non só Google quere entrar no mercado da saúde* e da mediciña, a xaponesa Sony anunciou que creará unha campaña para investigar o xenoma humano. Xunto coas empresas ''M3'', das que é accionista, e Illumina, un fabricante estadounidense de equipo xenético, Sony lanzará a plataforma no Xapón a finais do vindeiro mes.
  

En principio a empresa Sony pretende ofrecer servizos de análise do xenoma humano a empresas e institucións de investigación do Xapón. O obxetivo final sería que eses servizos se puideran extender a pacientes, pra poder ofrecerlles tratamentos de saúde persoalizados. 

O vicepresidente executivo e xefe do comercio médico de Sony, Tadashi Saito, mostrou o seu entusiasmo polo ''potencial'' desta colaboración e ''os logros que nos van aproximar á era da mediciña persoalizada''


P.D
* Sobre Google. Acabase de coñecer que un dos último grandes proxectos de Google é que vai desenvolver un prototipo de lentes de contacto intelixentes pra medir o nivel de glucosa nos diabéticos.

Refrescos, canceríxenos?

Sabemos que beber moitas bebidas azucradas, coma os refrescos ''Coca-Cola'' ou ''Pepsi'' ,entre outros, non é bo para o noso organismo. Teñen moito azucre e calorías vacías*, non nos aportan nutrientes e por riba, a miúdo teñen compoñentes químicos que nos fan mal.

  Un novo estudo estadounidense denunciou  a ''Pepsi'' polos altos contidos dun compoñente chamado 4-Mel, que é canceríxeno, na súa bebida ''Pepsi One*''

 Pepsi ONE logo

Este químico usase para derlle a cor caramelo (4-methylimidazole) a este tipo de bebidas. A Axencia Internacional de Investigación sobre o Cancro da Organización Mundial da Saúde califica a substancia de canceríxena, baseándose en experimentos con animais.

Os médicos piden unha regulación máis estrita ó respeto e acentúan que os niveis de 4-metilimidazol dependen das técnicas que se usen pra fabricar o colorante, noutras palabras, dependen do suministrador de cada produtor de refrescos. 
Os niveis poden ser diferentes nos lotes da mesma marca, como ocurríu con ''Pepsi''. Segundo ''Consumer Reports*'' unha Pepsi adquirida en decembro en Nova York contiña catro veces máis 4-metilimidazol ca unha Pepsi mercada no mesmo mes no estado de California, EE.UU.

É posible minimizar a presenza da substancia nas bebidas, xa que o uso deste colorante é unicamente cosmético e non da ningún sabor. O estado de California obligou a todo-los alimentos e refrescos que podan expoñer ao organismo a máis de 29 microgramos de 4-metilimidazol diarios a advertilo na súa etiqueta. A lista de ingredientes perigosos  Prop 65 recolle dende 2011 o químico 4-metilimidazol.
En resposta ao estudo, a Asociación de Produtores de refrescos de EE.UU informou a través dun comunicado:
''En contra das conclusións de 'Consumer Reports', a Axencia de Alimentos e Medicamentos de EE.UU sinalou que non hai razón en absoluto para preocupacións pola saúde, unha posición respaldada polas axencias de todo o mundo''

Podemos recordar que no ano 2012 a empresa PepsiCO Inc. comprometeuse a reducir o uso deste químico nas sás bebidas. Pero toda esta información que vos achego, sen lugar a dúbidas, debenos poñer en alerta. Hai que ter moito coidado co que consumimos e bebemos, ou damos de beber aos nosos familiares ou fillos. Hoxe en día, estas bebidas son  frecuentes en moitos fogares por non falar dos bares.

refrescos nun supermercado
                                              refrescos nun supermercado


P.D 
1* Calorias vacías: calorías que proveñen de alimentos con moi pouco aporte nutritivo, só valor enerxético.
2* Pepsi One: tipo de Pepsi sen azucre, con moi poucas calorías. Se non a coñecedes deixovos o enlace da páxina de Wikipedia (está en inglés) 
3*'Consumer Reports': revista americana publicada mensualmente pola Unión de Consumidores dende o 1936.