Publicacións populares

domingo, 26 de xaneiro de 2014

Sony e o xenoma humano.

Sony anuncia proyecto enfocado en análisis de genoma humano y medicina personalizadaParece que non só Google quere entrar no mercado da saúde* e da mediciña, a xaponesa Sony anunciou que creará unha campaña para investigar o xenoma humano. Xunto coas empresas ''M3'', das que é accionista, e Illumina, un fabricante estadounidense de equipo xenético, Sony lanzará a plataforma no Xapón a finais do vindeiro mes.
  

En principio a empresa Sony pretende ofrecer servizos de análise do xenoma humano a empresas e institucións de investigación do Xapón. O obxetivo final sería que eses servizos se puideran extender a pacientes, pra poder ofrecerlles tratamentos de saúde persoalizados. 

O vicepresidente executivo e xefe do comercio médico de Sony, Tadashi Saito, mostrou o seu entusiasmo polo ''potencial'' desta colaboración e ''os logros que nos van aproximar á era da mediciña persoalizada''


P.D
* Sobre Google. Acabase de coñecer que un dos último grandes proxectos de Google é que vai desenvolver un prototipo de lentes de contacto intelixentes pra medir o nivel de glucosa nos diabéticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario