Un novo estudo estadounidense denunciou a ''Pepsi'' polos altos contidos dun compoñente chamado 4-Mel, que é canceríxeno, na súa bebida ''Pepsi One*''
Este químico usase para derlle a cor caramelo (4-methylimidazole) a este tipo de bebidas. A Axencia Internacional de Investigación sobre o Cancro da Organización Mundial da Saúde califica a substancia de canceríxena, baseándose en experimentos con animais.
Os médicos piden unha regulación máis estrita ó respeto e acentúan que os niveis de 4-metilimidazol dependen das técnicas que se usen pra fabricar o colorante, noutras palabras, dependen do suministrador de cada produtor de refrescos.
Os niveis poden ser diferentes nos lotes da mesma marca, como ocurríu con ''Pepsi''. Segundo ''Consumer Reports*'' unha Pepsi adquirida en decembro en Nova York contiña catro veces máis 4-metilimidazol ca unha Pepsi mercada no mesmo mes no estado de California, EE.UU.
É posible minimizar a presenza da substancia nas bebidas, xa que o uso deste colorante é unicamente cosmético e non da ningún sabor. O estado de California obligou a todo-los alimentos e refrescos que podan expoñer ao organismo a máis de 29 microgramos de 4-metilimidazol diarios a advertilo na súa etiqueta. A lista de ingredientes perigosos Prop 65 recolle dende 2011 o químico 4-metilimidazol.
En resposta ao estudo, a Asociación de Produtores de refrescos de EE.UU informou a través dun comunicado:
''En contra das conclusións de 'Consumer Reports', a Axencia de Alimentos e Medicamentos de EE.UU sinalou que non hai razón en absoluto para preocupacións pola saúde, unha posición respaldada polas axencias de todo o mundo''
Podemos recordar que no ano 2012 a empresa PepsiCO Inc. comprometeuse a reducir o uso deste químico nas sás bebidas. Pero toda esta información que vos achego, sen lugar a dúbidas, debenos poñer en alerta. Hai que ter moito coidado co que consumimos e bebemos, ou damos de beber aos nosos familiares ou fillos. Hoxe en día, estas bebidas son frecuentes en moitos fogares por non falar dos bares.
refrescos nun supermercado
P.D
1* Calorias vacías: calorías que proveñen de alimentos con moi pouco aporte nutritivo, só valor enerxético.
2* Pepsi One: tipo de Pepsi sen azucre, con moi poucas calorías. Se non a coñecedes deixovos o enlace da páxina de Wikipedia (está en inglés)
3*'Consumer Reports': revista americana publicada mensualmente pola Unión de Consumidores dende o 1936.
Ningún comentario:
Publicar un comentario