Publicacións populares

martes, 17 de decembro de 2013

Sepes e lagartos que daban a luz.

O antepasado das serpes e os lagartos probabelmente daba a luz ás súas crías en lugar de poñer ovos. Co tempo, as especies foron cambiando o seu modo de reproducirse, alternando os dous, segundo os resultados dunha nova investigación publicada na revista Ecology Letters.


''Este é un achado moi inusual e controvertido e dá un xiro importante a unha escola aceptada de pensamento'' señalou Alex Pyton, un profesor adxunto de Bioloxía na Universidade George Washington en Washington (Estados Unidos) ''Os investigadores supuxeron durante moito tempo que o antepasado das serpes e dos lagartos poñía ovos e que se unha especie pasaba a parir, nunca volvía atrás. Descubrimos que non é así''


Os resultados empurran á comprensión dos investigadores sobre a evolución, dos partos moito máis atrás no tempo, ata fai 175 millóns de anos, o que demostra que parir é unha actividade moito máis antiga do que se cría. Os achados están avalados por varios descubrimentos de plesiosaurios e mosasaurios e o rexistro fósil de algúns lagartos do período Cretácico, con hembras que tiñan embrións e parían.

Ningún comentario:

Publicar un comentario