A estrela, que se ilumina e escurece de maneira rítmica ao longo dun ciclo de seis semanas, é unha das máis luminosas da clas de estrelas variábels Cefeidas.
A nebulosa pestanexa en forma de pulsos de luz da estrela que se propagan cara o exterior.
Malia que a luz viaxa a través do espazo o suficientemente rápido coma para cubrir a brecha entre a Terra e a Lúa en pouco máis dun segundo, a nebulosa é tan grande que a luz reflectida pode ser fotografiada atravesándoa.
Ao observar a oscilación da luz en RS Puppis e rexistrar os débiles reflexos dos pulsos da luz en movemento a través da nebulosa, os astrónomos son capaces de medir estes ecos de luz e definir unha distancia moi precisa: a distancia a RS Puppis reduciuse a 6.500 anos luz (cunha marxe de erro de só o 1%)
RS Puppos ilumínase e escurecese rítmicamente ao longo dun ciclo de seis semanas, o que provoca un fenómeno coñecido como ''ecos de luz''

Ningún comentario:
Publicar un comentario