Grazas ás observacións realizadas durante máis de tres anos polo satélite CryoSat da ESA, os científicos poideron comprobar que a Antártida perde cada vez máis auga xeada.
Segundo os datos, o continente estaría perdendo máis de 150 Km cúbicos de xeo cada 365 días, moito máis do que se estimara na última medición.
Fai pouco un equipo internacional de científicos determinara que a perda de xeo na zona occidental da Antártida estaba provocando un aumento do nivel do mar de 0'28 mm cada ano entre 2005 e 2010. Sen embargo, esta nova medición suxire que o desxeo desta zona fai que o nivel do mar aumente un 15% máis do que se cría.
Pingüíns na Antártida.

Ningún comentario:
Publicar un comentario