Publicacións populares

luns, 7 de abril de 2014

Canarias gaña por segundo ano consecutivo o concurso da mellor foto da NASA

Unha fotografía das illas Canarias conseguiu o primeiro premio do concurso da NASA pra elixir a mellor imaxe do 2014. Canarias quedou de primeira por riba dunha foto do volcán de Siberia, que tamén chegara á final.
Segundo a páxina oficial do certame, onde se anuncia a gañadora, a fotografía que amosa dende unha perspectiva aérea o vento e as olas arredor das illas tivo moitos admiradores.
foto-1.jpg











(foto que gañou)

En realidade, na foto pódese ver como os ventos predominantes no arquipélago, os Alisios,  azoutan o norte das illas, rodeanas e deixan ao sur unha zona de calma sen apenas ondada. Nesta imaxe de satélite, ese réxime de ventos pódese apreciar en La Palma, El Hierro, La Gomera, Tenerife e Gran Canaria, en forma de longas estelas de nubes impulsadas cara ao sur, especialmente estreitas e alongadas detrás do Teide (3.718 m)


A súa rival na final foi unha foto que tomaron os astronautas da Estación Espacial Internacional o 16 de novembro dun volcán en plena erupció, o Kliuchevskoi, na península de Kamchatka (Siberia oriental, Rusia).

Ningún comentario:

Publicar un comentario