Se tes como mascota un ratiño ou un hámster e lle colocaches unha desas pequenas rodas na gaiola puideches observar como o animal sube ao xoguete e corre e corre coma un tolo, aparentemente sen obxectivo ningún. En efecto, os ratos en cautividade son uns maniáticos do exercicio. Poden facer máis de 5 Km nunha noite nas súas rodas estacionarias. Mais os científicos non saben por qué. ¿É unha conduta aberrante provocada por encerralo nunha gaiola de pequeno tamaño ou é que o roedor precisa movemento pra manterse saudable? Semella que hai algo máis ca iso e está relacionado coa diversión e o pracer. Uns investigadores da Universidade de Leiden nos Países Baixos descubriron que esta afección tamén é compartida polos ratos que viven na natureza, e inncluso por outras especies. Simplemente, disfrutan coa diversión do exercicio.
No 2009, a neurofisióloga Johanna Meijer levou a cabo un sinxelo experimento no seu xardín. Colocou un prato con chocolate e outras delicias pra atraer aos animais e, moi preto, unha gaiola aberta cunha desas rodiñas pra mascotas. Grazas a unha cámara infravermella, a investigadora e o seu equipo puideron comprobar que os ratos silvestres se achegaban á comida e logo subían á roda e poñíanse a correr. Tamén fixeron o mesmo ratas, musarañas e mesmo ras. En 3 anos maís de 200.000 animais subiron á roda. Os investigadores cren que, simplemente, gozaban da sensación de correr sen ir a ningunha parte, segundo explica a revista Science na súa páxina web.
ANSIEDADE POR CORRER
En media, os ratos salvaxes que observou o equipo corrían un ou dous minutos, máis ou menos a mesma duración que se observara en ratos de laboratorio. O equipo repiteu o experimento nun paraxe achegado e aconteceu algo moi semellante. Os animais seguiron correndo na roda mesmo cando Meijer retirou a comida, aínda que atraía a menos. Ás veces, os roedos estaban tan ansiosos por correr que non podían esperar o seu turno. Nunha ocasión, un rato grande empurrou a outro máis pequeno cando se subiu á roda e comezaron a correr en direccións opostas.
Os investigadores cren que nun momento no que o estilo de vida en xeral e a falta de exercicio físico, en particular, son unha das principais causas de enfermidade no mundo moderno, a investigación da actividade física é moi importante. Coñecer por qué algúns ratos son máis activos que outros podería axudar a entender as diferencias xenéticas entre a xente máis e menos sedentaria.
A INVESTIGACIÓN PUBLICADA NA REVISTA ACTAS DA ROYAL SOCIETY B (enlace)
AQUÍ VOS DEIXO O VÍDEO DOS RATOS : VIDEO DO EXPERIMENTO

Ningún comentario:
Publicar un comentario