Un grupo de expertos de 70 países reunidos no Xapón pronosticaron episodios extremos nos que se atopan máis sequías, inundacións e máis incendios forestais en Europa, especialmente nos países do sur.
O Paner Intergumernamental do Cambio Climático (IPCC) das Nacións Unidas presentou un informe na localidade xaponesa de Yokohama no que indicou que os ecosistemas están soportando un gran peso a causa do cambio climático, ao tempo que alertou do futuro impacto sobre os seres humanos.
Este inverno, unha cadea de cicloxéneses explosivas sacudiron a cornisa cantábrica e unhas enormes ondas deixaron moitos danos. A explicación é que o clima está a cambiar. O informe detalla impactos a curto prazo nos ecosistemas nos vindeiros 20 ou 30 anos e cifra cinco motivos de preocupación, entre os que están as ameazas a sistemas únicos coma o xeo no Ártico e as barreiras de coral, o impacto sobre o mar e os sistemas de auga doce. Neste sentido, o documento afirma que os océanos aumentarán a súa acidez, ameazando aos corais e ás especies que viven neles e provocando que os animais, as plantas e outras especies se movan cara os polos co incremento das temperaturas.

Respecto ao impacto do cambio climático sobre os seres humanos, o IPCC alertou de que a seguridade alimentaria é un aspecto que desata unha especial preocupación. As previsións contemplan perdas de ata o 25% das colleitas de millo, arroz e trigo no período que se extende ata 2050. Ademáis, moitas especies de peixes, fonte de alimento para unha importante parte da poboación, desprazaránse por culpa do quentamento das augas, o que podería provocar unha diminución da pesca nos trópicos e na Antártida de ata o 50%.
O documento resalta tamén que a poboación mundial vaise ver afectada polas inundacións e por un incremento da tasa de mortalidade a causa da calor, e advirte do incremento das migracións vinculadas ás condicións climáticas, así como os conflitos e as ameazas á seguridade nacional derivadas disto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario