Publicacións populares

domingo, 4 de maio de 2014

Unha proteína que rexuvenece o cerebro dos ratos

A proteína GDF11 deu outra alegría aos investigadores.Segundo dous artigos que se publican na edición dixital de Science (en papel publícase o venres) non só recupera as células cardíacas nos ratos, senón que tamén mellora as súas capacidades intelectuais, rexuvenecéndoas. 
   En concreto, os investigadores da Universidade de Harvard descubriron que inxectando proteína en ratos cunha idade que equivala a uns 70 anos humanos, estes recuperan capacidades como a do olfacto, que se perderan ao envellecer. 
O achado é moi interesante, xa que esta proteína tamén a temos os humanos.

Doug Melton, codirector do Centro de Terapias con Células Nai e Mediciña Rexenerativa de Harvard, sinalou que '' non podía recordar un achado máis emocionante. Isto debe darnos esperanzas pra ter un futuro máis saudable. Todos nos preguntábamos por qué éramos máis fortes e mentalmente áxiles cando éramos novos, e estes dous artigos apuntan a unha posible resposta: os niveis máis altos de proteína GDF11 que temos de novos. Hai poucas dúbidas de que, polo menos en animais, a GDF11 ten unha capacidade incrible pra restaurar as funcións do cerebro e dos músculos que se perden co envellecemento"

Nalgúns ensaios simplemente se inxectou dita proteína aos ratos. Noutros, sen embargo, usouse un método moito máis complexo: unironse os sistemas circulatorios de dous exemplares, dun rato novo e dun vello, de maneira que o sangue chagara de forma natural ao animal que tiña menos concentración. Nos dous casos os resultados foron semellantes. Este sistema, aínda que é aparatoso, ten a vantaxe de que amosa ao natural o funcionamento da proteína, unhas moléculas que non se poden dar por vía oral porque as encimas dixestivas degrádanas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario