Publicacións populares

domingo, 23 de febreiro de 2014

Hoxe cumprense 30 anos do primeiro transplante de fígado en España

O primeiro transplante hepático de España realizouse no Hospital Universitario de Bellvitge, que se atopa no municipio Hospitalet de LLobregat en Barcelona, o 23 de febreiro de 1984. Realizarono os ciruxiáns Carles Margarit e Eduard Jaurriera. Ata o de agora levaronse a cabo máis de 21.000 transplantes hepáticos no noso país.


Na data do transplante o hospital chamábase Hospital Príncipes de España. 
Juan Cuesta foi o primeiro paciente transplantado de fígado en España despois de se lle diagnosticar un tumor hepático a finais do 1983.  Ante un pronóstico complicado, en xaneiro do 1984 os médicos plantexaronse a opción do transplante.
Logo disto, outros centros españois foronse incorporando ao campo do trasplante hepático. Actualmente, hai 26 unidades repartidas por España, que realizaron máis de 21.500 transplantes.
"A supervivencia tralo transplante é dun 90% ao ano e dun 75% aos cinco anos, isto demostra a importancia desta terapia pra aumentar a supervivencia dun grupo de enfermos que, sen tratamento, terían falecido'', explica Joan Fabregat, actual responsable da Unidade de Transplante Hepático do hospital catalán.



VINDEIROS OBXECTIVOS    


No ámbito do postransplante un dos futuros retos é potenciar a eficacia do tratamento contra o virus da hepatite C tralo transplante. Ademais, outro obxectivo é continuar introducindo melloras nos tratamentos inmunosupresores."O reto é ir cara a unha inmunosupresión cada vez máis selectiva e evitar ou controlar todolos efectos adversos, tanto pra seguir incrementando a supervivencia dos pacientes a longo prazo como pra mellorar a súa calidade de vida" contou Joan Fabregat
"Pero o máis importante de todo este traballo son os doantes e as súas familias, anónimos dentro deste proceso, xa que sen a doazón non sería posible o transplante de órganos" rematou.


Foto: Hospital de Bellvitge/ Conselleria de Salud

Ningún comentario:

Publicar un comentario