Autobiografía de Stephen Hawking
Stephen Hawking naceu en Oxford, Reino Unido, o 8 de xaneiro do 1942, xusto 300 anos despois da morte de Galileo Galilei. Claro que, como él mesmo calculou, outros 200.000 nenos naceron ese mesmo día sen se converter en astrónomos cunha fama mundial, así que se cadra o destino tivo moi pouca influencia na súa brillante carreira académica. Desarrollou algunhas das teorías cosmolóxicas fundamentais do último século, ostentou á cátedra Lucasiana( a mesma que ocupou Newton) e combateu cunha enteireza case histórica a esclerose lateral amiotrófica (ELA) que minou as súas capacidades. Todo isto e máis, contao en primeira persoa e con fotografías inéditas, nas súas memorias, "Breve historia da miña vida" publicadas en España pola editorial Crítica.

Deixovos as primeiras páxinas do libro para que lle botedes unha ollada.
Imaxe e PDF de ''Planeta de Libros''
Ningún comentario:
Publicar un comentario