Sen embargo, uns investigadores británicos suxeriron nun estudo publicado na revista Proceedings of the Royal Society B:Biological Sciences que cans, gatos, ourizos, furóns e okapis tiñan tamén esta visión. Segundo os científicos, esto podería explicar algúns comportamentos estraños que teñen as nosas mascotas, simplemente están a ver algo que nos somos incapaces de ver.A luz está feita dun espectro de cores. A luz visible, que vemos os humanos, vai do vermello ao violeta. Por debaixo deste espectro atópanse as ondas ultravioletas, que non podemos ver. No estudo, os investigadores examinaron os ollos dun bo número de mamíferos mortos, doados por zoolóxicos, veterinarios etc. e mediron canta luz chegaba á retina do animal. Os investigadores descubriron que moitos animais, incluidos os cans, gatos, ourizos, furóns e okapis, tiñan uns ollos preparados para esta sensibilidade, o que implica que poden ver en ultravioleta.
UNHA HABILIDADE ÚTIL
''Hai moitos exemplos de cousas que os animais sensibles aos raios ultravioletas poden ver que os humanos non poden, como patrón nas flores que indican onde se atopa o néctar, rastros de ouriños que os levan á presa...E os renos poden distinguir aos osos polares na neva'' explicou un dos autores da investigación Ronald Douglas ,da City University de Londres a Discovery NewsDesta maneira, un gato ou un can poderían detectar au animal de pelaxe branco, como un coello, saltando a través dunha cifra de neve, mentres que nós só veríamos unha imaxe borrosa en branco. Como dixen antes, está visión poderíanos explicar algúns comportamentos das nosas mascotas, porque poden estar a ver algo que a nós, sen embargo, nos pasa desapercibido.
Imaxes do Banco de imaxes do INTEF (Ministerio de Educación)
Ningún comentario:
Publicar un comentario