Un equipo internacional de astrónomos descubriu dous planetas nunca observados ate o de agora, que orbitan arredor da estrela de Kapteyn, unha das máis vellas achegadas ao Sol, a 13 anos luz da Terra.
Un deses mundos atopase á distancia axeitada do seu astro como para poder albergar auga líquida na súa superficie, o que fai aumentar a desexada posiblidade de que poida ser habitable.
A estrela de Kapteyn recibe o nome do astrónomo alemán que a descubriu a finais do século XIX, Jacobus Kapteyn. É a segunda estrela máis rápida do firmamento e pertence ao halo galáctico, un grupo de estrelas que orbita a nosa galaxia en órbitas moi elípticas. Con un terzo da masa do Sol, esta enana vermella pode verse cun telescopio de afeccionado na constelación austral de Pictor.
O equipo, dirixido por astrónomos da Universidade Queen Mary de Londres, empregou os datos do espectómetro HARPS do Observatorio Europeo Austral (ESO) no observatorio de La Silla (Chile) pra medir pequenos cambios no movemento da estrela. Desta forma, os científico poden deducir algunhas propiedades dos planetas, incluindo as súas masas e períodos orbitais.
O investigador responsable do estudo Guillem Anglada-Escudé recoñeceu: '' Sorprendeunos atopar planetas orbitando a estrela de Kapteyn''.
O planeta bautizado como Kapteyn b que podería albergar auga, ten polo menos cinco veces a masa da Terra e orbita a súa estrela cada 48 días, o que significa que é o suficientemente cálido para que a auga líquida se atope na superficie. O segundo, Kapteyn c, é unha superterra máis masiva. O seu ano dura 121 días e os astrónomos pensan que é demasiado frío para que algunha criatura poida mergullarse na súa superficie.
De momento, só se coñecen algunhas propiedades destes mundos, como as súas masas aproximadas, períodos orbitais e distancias da súa estrela. Mais no futuro, os astrónomos contarán con novos instrumentos que lles permitirán medir as súas atmósfera e verificar a presenza ou falta de auga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario