O CSIC DESCOBRE O SEGREDO DA RIQUEZA DA RÍA DE VIGO
As especies raras representan o 50 por cento da diversidade de fitoplancton da Ría de Vigo segundo un estudo realizado polo CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e a Universidade de Vigo. Neste estudo analizaronse 290 mostras extraídas de 500 L de auga do mar.
Isto realizouse dentro do proxecto'' Dispersión, modelos neutrais e ensamlado das comunidades de plancton microbiano mariño(Distral)''.
Dito proxecto rematará a finais do vindeiro ano e ten como obxetivo identificar os mecanismo que manteñen a diversidade das comunidades de fitoplancton, en concreto, nesta ría galega.
Logo de extraeren as mostras, identificáronse máis de 300 especias, das cales a metade foi incluida na categoría de especies raras.
Os científicos que trraballaron neste estudo, traballan agora pra coñecer qué factores controlan a alta diversidade de esas comunidades, e se dita diversidade é importante pra o funcionamento deste ecosistema.
P.D : A fertilización natural dos ecosistemas da ría ocorre como resultado do afloramento na superficie de augas profundas e ricas en nutrientes. A presenza destos seres permitiría explicar porque se aproveitan de maneira tan eficiente os nutrientes, o que fai que estos sistemas ambientais sexan moi produtivos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario