Publicacións populares

martes, 17 de decembro de 2013

Virgin Galactic.

Cada vez está máis preto a data na que se iniciarán os voos suborbitais, que custan 250.000 dólares(uns 189.000 euros) por persoa e están diseñados pra alcanzar os 4.000 Km por hora. 
Durante esta experiencia, o viaxeiro '' poderá observar a Terra en todo o seu esplendor ante a negrura do espazo'' según dixo Richard Branson, o magnate da empresa. Ademáis poderá experimentar a ausencia de gravidade durante uns minutos.

A pesar do prezo, no mesmo momento da reserva de praza, son xa máis de mil os que decidiron participar no proxecto. Nomes coñecidos como os actores Josh Harnett e Leonardo DiCaprio ou o cantante Justin Bieber. O científico Stephen Hawking tamén parece ter intención de unirse ao proxecto, así o declarou nalgunhas entrevistas.
A compañía Virgin Galactic realizou a semana pasada diferentes probas con naves e pilotos pra poder chegar a tempo ó seu maior reto pra o 2014: o comezo dos voos turísticos ao espazo.
As probas das novas ás que elevarám a nave SpaceShipTwo cos turistas a 110 Km de altura foron un éxito segundo informou a compañía na súa conta da rede social Twitter

Ningún comentario:

Publicar un comentario