Publicacións populares

martes, 17 de decembro de 2013

Gaia: a conta atrás.

Só dous días.

Só quedan dous días pra o lanzamento do satélite Gaia dende a Güiana Francesa.
Logo de quince anos de preparativos, comezará unha intensa viaxe de cinco anos nos que esta cámara de fotos xigante censará máis de mil millóns de estrelas.
Esta sonda espacial da Axencia Espacial Europea lanzarase pasado mañá dende o Porto Espacial Europeo de Kurú, a bordo dun vehículo de lanzamento Soyuz-STB.
Unha vez lanzado, dará unha volta completa á Terra antes de dirixirse ó punto L2, un sitio estratéxico no que as forzas gravitacionais do Sol, a Terra e a Lúa están equilibradas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario