Publicacións populares

martes, 17 de decembro de 2013

O Teide, protagonista da imaxe astronómica do día.

O Teide é hoxe o protagonista da imaxe astronómica do día seleccionada pola NASA. A imaxe é unha fotografía que foi captada por Juan Carlos Casado e Miquel Serra, aproveitando a choiva das Xemínidas. Malia á lúa chea, os autores lograron unha imaxe fascinante.
Nesta imaxe podense observar de maneira nítida polo menos 50 meteoros.
Aquí vos deixo a imaxe :
P.D: A choiva de estrelas ou meteoro prodúcense cando a traza de partículas de pó e rochas que deixan os cometas ou os asteroides na súa órbita entran na atomosfera da terra e se desintegran.
Tamén podedes botarlle unha ollada ao vídeo que se realizou da observación do Observatorio do Teide, Instituto de Astrofísica de Canarias polas persoas citadas antes. ( Dom. 15/XII/13)

Ningún comentario:

Publicar un comentario