Publicacións populares

martes, 17 de decembro de 2013

Os gatos dométicos.

Os gatos foron domesticados fai 5.300 anos na China.

Os gatos, unha das mascotas máis populares do mundo, foron domesticados por primeira vez fai uns 5.300 anos na rexión de Shaanki, en China, segundo un estudo publicado hoxe.

A proba  máis antiga que había ata agora dunha relación estreita entre gatos e humanos provén dos restos dun gato salvaxe enterrados preto dun humano en Chipre, fai uns 9.500 anos. Pero as primeiras probas da presenza dos gatos domesticados son as que se atopan no arte do antigo Exipto, fai uns 4.000 anos, así que non había indicios sobre a relación entre humanos e gatos entre os 9500 e os 4000 anos atrás.



Os resultados deste estudo mostran que a aldea de Quanhucun era unha fonte de alimentos para os gatos fai uns 5300 anos e que a relación entre os humanos e os gatos era comensal, o que resultaba  ventaxoso pra os gatos.
Os estudos recentes de ácido desoxirribonucleico indican que os máis de 600 millóns de gatos que se calcula que viven agora mesmo no mundo descenden máis diretamente do gato salvaxe de oriente Medio, unha das cinco subespecies do Felis silvestris lybica que aínda se atopan en Eurasia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario